Que leva? Para tres persoas que coman ben: 600 g espinacas crúas (=2 bolsas) 500 g garbanzos cocidos (=1 bote) 50 g tomate deshidratado uns dentes de allo comiños enteiros un chorro de aceite sésamo torrado Como se fai? Coce as espinacas nunha pota con pouca auga, ou ben no microondas. Mentres cocen as espinacas, lava os garbanzos con auga para eliminar o líquido de conserva. Escurre as espinacas nun coador. Bota un chorro de aceite nunha tixola ampla e pona a lume medio. Doura os allos cortados en rodelas grosas, engade os comiños e despois as espinacas. Remexe durante un par de minutos. Acrecenta os garbanzos e remexe con coidado para que non se desfagan. Corta o tomate en tiras e engádeo tamén. Remexe un minuto e apaga o lume. Esparexe sésamo en cada prato no momento de servir. Ten en conta que Obviamente, podes empregar garbanzos cocidos na casa! Axusta a cantidade de allo segundo o teu gusto. Unha vari...
Que leva? 400-450 g de cereixas 70 g manteiga 80 g azucre 2 ovos 90 g fariña un chisco de vainilla (opcional) Como se fai? Aquece o forno a 180 ºC Engraxa un molde con parte da manteiga e esparexe dúas culleradas do azucre (colle tanto a manteiga coma o azucre, das cantidades indicadas arriba, non poñas máis). Lava as cereixas, quítalles o rabiño, sécaas e déitaas no molde. Deben cubrir case toda a superficie, sen amorearse. Bate os ovos nun bol co azucre, engade a fariña pouco a pouco, a manteiga derretida e a vainilla (raspa un pouco dunha vaina ou bota dúas pinguiñas de esencia). Mestura todo cunhas variñas até obteres un amoado sen grumos. Verque o amoado no molde, sobre as cereixas. Enforna 35 minutos a 180 ºC Serve a temperatura ambiente. Ten en conta que O clafoutis é un doce tradicional lemosín (de Lemosin, Francia, non de Lemos, Lugo) e a web está inzada de rece...