Saltar ao contido principal
Que leva?
Para 2 persoas:
- 125 g fariña de garbanzo
- 250 g auga morna
- 200 g portobellos
- 2 pementas de Cayena
- queixo parmesano
- romeu
- aceite
- sal
Como se fai?
- Mesturar a fariña de garbanzo, o sal e a auga. Remexer cunhas variñas desfacendo os posibles grumos e deixar repousar 1 h
- Pasado ese tempo, engadir un chorro de aceite e remexer ben.
- Lavar e secar os portobellos e cortalos en láminas grosas. Saltealos brevemente a lume forte con moi pouco aceite, o romeu e as pementas de Cayena, remexendo arreo.
- Aquecer o forno a 240 ºC cunha tixola de ferro grosa dentro, sobre a grella.
- Cando o forno estea quente, sacar a tixola, botar aceite que cubra ben o fondo, verquer o amoado e os portobellos. Facer todo o isto axiña para que a tixola perda a mínima calor posible.
- Enfornar uns 15 minutos.
- Ao sacar do forno, esparexer dúas ou tres culleradas de parmesano por riba da farinata, cortala en cuartos e servir quente.
Ten en conta que
- Non acurtes o tempo de repouso, é imprescindible para que a fariña de garbanzo se hidrate ben.
- Podes substituír os portobellos por calquera outra verdura, por exemplo espárragos verdes.
- A farinata precisa forno ben forte e unha tixola ou molde metálico pesado, que acumule moita calor, para que se cociñe ben por baixo. O ideal é ferro fundido (tipo Le Creuset), mais una tixola baixa para paella con fondo groso, das que serven para cociña de indución, tamén funciona ben.
- Para estas cantidades, o acaído é un molde ou tixola duns 30 cm de diámetro, o amoado debe estenderse nunha capa máis ben fina.