Saltar ao contido principal

Que vas atopar aquí

Receitas sinxelas, pensadas para persoas que saben cociñar máis ben pouco. Receitas que funcionan, reais e probadas, que non precisan trebellos de alta tecnoloxía nin ingredientes raros. A maioría son as miñas versións de pratos tradicionais ou cousas que vexo por aí e adapto aos meus gustos. Todas son sen bicho. Por que? Porque si, porque me peta e quero e dame a gaña, como dicía o poeta. Non hai tofu, seitán nin soia texturizada, xa que eu non acostumo usalos.

Aínda que intento cociñar de maneira máis ou menos equilibrada e pode que dea algunha recomendación neste sentido, non son nutricionista nin persoa autorizada para fornecer consellos sobre dietética, suplementación de vitamina B12 e outras leas.

As fotos son malas porque non son para que campen moito nas redes e presumir de menaxe, senon para facérmonos unha idea de como queda o prato. E porque as fago cun móbil barato, nunha cociña pequena e adoito revolta de máis.