Que leva?
Para un molde de 1,5 L- 350 g cabaciña relada coa pel
- 250 g fariña
- 3 ovos
- 100 g black treacle
- 100 g azucre de cana ou panela
- 100 g aceite
- 100 g cacao puro en pó
- 1 sobre impulsor (Royal ou semellante)
Como se fai?
- Bate nun bol os ovos co treacle, aceite e azucre.
- Engade a fariña, cacao e impulsor. Mestura todo até obteres unha masa homoxénea.
- Engade a cabaciña relada coa pel.
- Verque a masa nun molde engraxado e enforna 45 min a 180 ºC
Ten en conta que
As cantidades desta receita son correctas: aínda que che pareza moito azucre ou aceite, o biscoito non fica graxo nin doce de máis. O aceite axuda a que o biscoito se conserve durante varios días sen secarse.Podes usar fariña de trigo ou de espelta. Mellor se é integral e moída en pedra, porque ao conter o xerme do cereal achega sabor, textura e humidade.
Admite máis cantidade de cabaciña, eu nunca son moi estrita co peso e sempre sae ben.
Podes incorporar variacións, como engadir uvas pasas ou xenxibre confitado.