Saltar ao contido principal

Galletas de plátano


Que leva? 

Para unha bandexa:
  • 200 g copos de avea
  • 3 plátanos pequenos ou 2 medianos (aprox. 300 g sen pel) 
  • 1/2 vaso de noces sen casca (aprox. 60 g)
  • 1/2 vaso de uvas pasas (aprox 60 g) 

Como se fai?

Método A (low tech)
  1. Esmaga os plátanos nun bol, agrega as uvas, a avea e as noces e mestura todo ata que a avea se impregne ben co plátano.
  2. Engraxa unha bandexa de forno ou cúbrea cun papel antiadherente. 
  3. Forma coas mans boliñas pequenas (tamaño noz) de masa, colócaas sobre a bandexa e aplástaas cunha culler. 
  4. Enforna 30 min a 180 ºC 
Método B
  1. Tritura todos os ingredientes nunha picadora ou robot de cociña. Ficará unha masa densa e grumosa. 
  2. Verque a masa sobre unha bandexa de forno engraxada ou cuberta cun papel antiadherente. 
  3. Cubre a masa cunha lámina de silicona e esténdea cun rolo sen facer moita forza para que non se pegue. A masa estendida debería ter un grosor aproximado de medio centímetro.
  4. Retira a lámina e marca cadradiños na masa para dividir porcións. 
  5. Enforna 30 min a 180 ºC

Ten en conta que 

Os dous métodos son fáciles; o A é algo máis lento, aínda que eu o prefiro porque me gusta moito máis a textura das galletas. Co método B hai que fregar máis trebellos.

As cantidades son orientativas, podes engadir máis avea ou plátano se a masa ficase pegañenta ou seca de máis.

Os fornos non son nada fiables canto á temperatura. Puidera ser que o teu forno chamuscase as galletas a 180 ºC, o meu tende a quentar pouco. Sé prudente, as uvas e noces queimadas teñen sabor horrible.

A textura destas galletas (case barriñas enerxéticas) non chega a ser completamente crocante, sempre fican algo gomosas.