Que leva?
Para unhas 17 tortiñas- 250 g cabaciña relada con pel
- 2 ovos
- 100 g fariña
- 2 culleriñas impulsor (Royal ou semellante)
- 25 g aceite (=3-4 culleradas)
- 25 g sementes de cabaza
- pementa negra moída
- sal
- un chisco de aceite para a prancha
Como se fai?
- Rela a cabaciña e déitaa nun bol.
- Acrecenta os demais ingredientes e remexe ata mesturar todo ben. Non engadas as sementes de cabaza ata que a fariña estea integrada e o amoado ligado.
- Bota un fío de aceite (o mínimo imprescindible) na prancha e pona a lume medio.
- Cando a prancha estea quente, deita culleradas de amoado algo separadas. Non botes moita cantidade xunta, para que se cociñen ben por dentro.
- Cando vexas que nas tortiñas comezan a formarse pequenos buratiños, dálles volta e cocíñaas polo outro lado.
- Serve cunha ensalada grega (tomate, pepino, olivas, queixo feta, eneldo) ou o que che apeteza.
Ten en conta que
O impulsor non é imprescindible, pero non lle está de máis, axuda a que as tortiñas fiquen esponxosas e lixeiras.Podes usar fariña de trigo ou espelta, branca ou integral, como prefiras.