Saltar ao contido principal

Fabas á mariñeira

Que leva? 

  • 1 tarro / 350 g fabas grandes (alubia granja) cocidas 
  • 1 cebola 
  • 3 dentes de allo 
  • 1 vasiño de viño branco 
  • 2 culleradas de maizena
  • 1 sobre de azafrán 
  • un pouco de aceite 
  • perexil abondo
  • sal

Como se fai? 

  1. Poñer una tixola a lume con aceite que cubra o fondo. 
  2. Picar as cebolas en cadriños e os allos en rodelas grosas. Cociñar a lume medio-baixo, remexendo de vez en cando, ata que a cebola se poña transparente, sen que chegue a coller color. 
  3. Engadir o azafrán e o sal. 
  4. Disolver a maizena no viño e botar na tixola. 
  5. Acrecentar medio litro de auga e remexer. 
  6. Lavar as fabas en auga fría  para eliminar todo o líquido da conserva. Facelo con coidado porque son delicadas. 
  7. Botar as fabas na tixola. 
  8. Lavar e picar o perexil e deitalo tamén na tixola. 
  9. Deixar cocer brevemente, remexendo de vez en cando, ata que se evapore o alcohol e as fabas se impregnen ben do prebe.  

Ten en conta que

 Se engades un pouco de alga nori esnaquizada, o prato terá un sabor auténticamente mariñeiro.