Que leva?
- 1 berenxena grande
- 6 noces
- zume de limón
- aceite
- sal
Como se fai?
- Cortar a berenxena ao medio lonxitudinalmente. Poñela nun prato e facer uns cortes cruzados na carne, sen cortar a pel. Cubrir con film e asar no microondas uns 5 minutos.
- Mentres, abrir as noces.
- Coa axuda dunha culleriña, retirar a carne das berenxenas e poñela nunha cunca ou no vaso da batidora.
- Xuntar as noces, o zume de limón, aceite e sal e triturar.
Ten en conta que
Esta é unha versión ultra rápida de melitzanosalata / babaganoush. Se tes tempo, asa as berenxenas no forno e torra un pouco as noces, obterás un sabor moito máis intenso.