Saltar ao contido principal

Tabulé

Que leva? 

  • 200 g cuscús ou bulgur 
  • 4 tomates 
  • 2 pepinos 
  • 1 cebola de primavera 
  • olivas negras 
  • pirixel (cantidade xenerosa) 
  • menta (cantidade xenerosa) 
  • aceite (cantidade xenerosa)
  • zume de lima 
  • sal

Como se fai? 

  1. Cocer o cuscús o bulgur segundo as instrucións do paquete e deixar arrefriar.
  2. Mentres, picar as verduras en anacos máis ben pequenos.
  3. Picar o pirixel e a menta moi miúdos.
  4. Mesturar todo nun bol amplo e condimentar con aceite, zume de lima ou limón e sal.

Ten en conta que 

Hai moitas variantes de ensalada de cuscús (tabulé ou non). Esta non ten ningunha pretensión de autenticidade, simplemente é a que adoitamos facer nesta cociña. Por exemplo, o tabulé non leva olivas; eu póñoas, de Kalamata se é posible,  porque a vida é moito máis alegre con olivas.

Con bulgur está moito máis rico que con cuscús, pero non é tan fácil de encontrar en tendas convencionais (si adoita habelo en tendas de produtos ecolóxicos).

Convén usar tomates con pouco líquido para que non mollen demasiado o cuscús.