Saltar ao contido principal

Sopa de chícharos con menta

Que leva? 

Para 4 persoas: 
  • 300 g chícharos
  • 1 cebola 
  • 7-8 follas de menta
  • 1 iogur grego
  • 1 cullerada azucre moreno  
  • un pouco de aceite 
  • pementa negra moída 
  • sal

Como se fai? 

  1. Cocer os chícharos nunha pota pequena con 0,5 L de auga e as follas de menta. Levaralles uns 15 minutos se son conxelados, moito menos se son frescos. 
  2. Mentres, pelar a cebola e picala miúda. Confitala nunha tixola con pouco aceite (un par de culleradas abondan) e o azucre, ata que estea branda e comece a coller color. 
  3. Cando os chícharos estean cocidos, verquer na pota a cebola confitada e deixar temperar. 
  4. Cando estea morno, engadir o iougur, condimentar con sal e pementa negra e triturar todo. 
  5. Servir a temperatura ambiente. 

Ten en conta que 

Podes preparar esta sopa con guisantes conxelados, pero moito mellor se son frescos. Non pode facerse con chícharos de lata, que veñen xa cocidos.

Se mesturas o iougur mentres a sopa aínda está quente, matarás as bacterias. As bacterias do iougur son as nosas amigas, non queremos matalas!

Os chícharos son fáciles de cultivar, non ocupan demasiado espazo e teñen unha flor preciosa.