Que leva?
Para dúas bandexas (aprox. 60 oatcakes): - 250 g copos de avea
- 25 g manteiga salgada
- 25 g sésamo
- 25 g sementes de liño
- 25 g sementes de mapoula
Como se fai?
- Poñer todos os ingredientes nun bol que aguante calor.
- Verquer por riba 300 g de auga fervendo. Mesturar, procurando que se molle todo, e deixar repousar uns 30 min, cuberto.
- Dividir a masa en tres ou catro partes. Coller unha, poñela entre dúas láminas de silicona e estirala coa axuda dun rolo ou botella.
- Cortar círculos cun vaso, cunca ou cortapastas e poñelos nunha bandexa de forno. Non é necesario engraxar a bandexa nin poñerlle papel: as oatcakes non se pegarán.
- Estirar e cortar o resto da masa.
- Enfornar uns 30 minutos a 180 ºC. Non deben coller color, o obxectivo do enfornado é, sobre todo, que sequen ben.
Ten en conta que
Tamén podes facelas sen sementes, nese caso precisan menos auga, bota arredor de 250 gConsérvanse moi ben unha semana ou máis días, sempre que as gardes nun recipiente hermético.
Se substitúes a manteiga por aceite, non conseguirás oatcakes consistentes e crocantes.
Están moi boas con calquera cousa (por exemplo, queixo) ou simplemente soas, para petiscar entre horas.
