Que leva?
- 400 g lentellas pardinas
- 2 cebolas
- 3 dentes de allo
- 3 tomates
- 1 lata de leite de coco (400 g)
- un anaquiño de xenxibre
- 1 pau de canela
- 1 cullerada de curry
- 2 culleriñas de cúrcuma
- un pouco de aceite
- sal
Como se fai?
- Nunha ola de presión bota un pouco de aceite (que cubra o fondo e pouco máis) e pona a lume medio. Pela e pica as cebolas e os allos e saltéaos ata que amolezan e comecen a coller color.
- Bota o curry, a cúrcuma, o xenxibre relado, o pau de canela e o sal.
- Engade os tomates troceados e saltea ata que se abranden.
- Bota as lentellas e 1 L de auga.
- Pecha a ola e coce 20 minutos a lume baixo. Coidado, porque o curry tende a pegarse no fondo.
- Unha vez pasado o tempo, abre a ola, quita o pau de canela, engade o leite de coco (non botes todo, reserva un pouco para servir) e tritura.
- Pon de novo a ola ao lume, agora aberta, e deixa cocer 15 minutos máis, remexendo de vez en cando para que non se pegue.
- Serve en cuncas co leite de coco que reservaches antes e pirixel ou coandro por riba.
Ten en conta que
Esta é unha receita india que debería facerse con lentellas peladas partidas. Como desde hai uns meses non son fáciles de atopar en tendas convencionais, fágoo con lentellas pequenas, pardinas ou outra variedade. Está rico tamén, aínda que fica máis grumoso e menos suave. As lentellas partidas cocen axiña e non precisan presión; no caso de facer o coconut dal con elas, cocémolas directamente no leite de coco.Canela de verdade |
Está moito máis rico feito de véspera.