Que leva?
- Laranxas de mesa
- Cebola de primavera
- Olivas
- Ovo cocido
- Alga nori en copos
- Aceite
- Sal
Como se fai?
- Estonar ben as laranxas eliminando toda a parte branca. Picalas e mesturalas cos demais ingredientes.
- Condimentar xenerosamente con aceite e sal.
Ten en conta que
Aínda que aquí resulte un prato raro, esta ensalada de inverno é moi común en Andalucía. Hai moitas variantes, que polo xeral levan bacallao salgado esfrangullado. Na miña versión substitúo o bacallao por alga nori en copos, que achegan sabor salgado e umami. Probablemente un pouco de pasta de miso serviría tamén, aínda que afearía o aspecto do prato.
É unha ensalada portátil: os ingredientes son fáciles de transportar para preparala no campo ou onde apeteza.
É importante non escatimar o aceite e que tanto este coma as olivas sexan da mellor calidade posible e non escatimalo.
Non indico cantidades porque dependen moito do gusto de cada persoa. Na foto aprécianse ben as proporcións normais.
