Que leva?
- Frijoles negros cocidos (=alubias negras)
- 1 latiña de millo cocido
- Queixo do país
- Pemento italiano
- Tomate
- Cebola de primavera
- Tabasco (se pode ser de chipotle afumado, moito mellor)
- Un chisco de aceite
- Tortillas de trigo
Como se fai?
- Poñer un chisco de aceite nunha tixola e saltear os frijoles con tabasco a lume baixo. Remexer e aplastar un pouco. Non precisa moito tempo. Engadir o millo ben escurrido e darlle unha voltiña tamén.
- Mentres, cortar con mandolina a cebola, o tomate e o pemento.
- Poñer en cada tortilla unha cullerada ou dúas de frijoles, un pouco de verdura e un anaquiño de queixo.
- Dobrar a tortilla ao medio e cociñar na prancha, sen aceite, uns instantes por cada lado, ata que as tortillas comecen a coller color.
Ten en conta que
Aínda que se pode facer con alubias de bote, sae moito mellor con frijoles cocidos na casa. Cómpre poñelos en remollo 12 h antes e cocelos o tempo que indique o paquete (contra 40 minutos), só en auga, sen nada máis. Podes cocer máis cantidade de frijoles da que precises e conxelalos, unha vez escurridos, para usar outro día en calquera outro prato, por exemplo, lasaña ou chili sen carne (prometo receitas en breve).
Se usas frijoles de bote, elimina o líquido da conserva, lávaos e escúrreos ben antes de os cociñares.
A vitamina C que achegan as verduras crúas axuda a asimilar o ferro das legumes. Se acompañas o prato cunha ensalada, moito mellor.
Onde podo comprar... ?
Tabasco de chipotle afumado en hipermercados. Se non o atopares, usa tabasco normal.