Que leva?
Para 2 bandexas de forno:- 2 plátanos macho
- aceite
- sal e/ou especias (ambas opcionais)
Como se fai?
- Corta as puntas dos plátanos e tíraas. Cun coitelo fai dúas ou tres incisións lonxitudinais na pel, sen chegar á carne, e retira a pel (hai que facer un pouco de forza).
- Córtaos cunha mandolina en liscas finas e déitaas nunha cunca.
- Engade un fío de aceite e sal e/ou especias e remove para que se impregen ben.
- Estende as liscas sobre unha bandexa de forno sen que monten unhan sobre outras. Cada plátano ocupará aproximadamente unha bandexa.
- Enfornar a 180 ºC uns 15-17 minutos. Cando se poñan dourados, están listos.
Ten en conta que
O plátano macho aseméllase máis á yuca que ao plátano de Canarias. É duro e feculento, non é doce e non se pode comer crú.Pode facerse con plátano macho verde ou medio maduro. Canto máis verde, máis crocantes sairán os chips; canto máis maduro, máis saberán a plátano.
É importante úsar mandolina para que todas as liscas teñan o mesmo grosor e se fagan ao mesmo tempo. Con coitelo, é fracaso case seguro.
Hai que vixiar na parte final do enfornado porque se queiman con facilidade. Xamáis deben estar marróns. O tempo exacto e altura da bandexa dependen de cada forno.
Se sobrase (cousa que nunca sucede), gárdao nun recipiente hermético.
Vin por primeira vez esta receita en Minimalist Baker, un blog moi inspirador.
