- Patacas
- Pemento italiano
- Cebola de primavera
- Olivas negras
- Pirixel
- Aceite
- Vinagre
- Sal
Como se fai?
- Lavar as patacas e cocelas enteiras, con pel, nunha pota tapada. Pinchar de vez en cando para comprobar cando están, o tempo depende do tamaño e do tipo de pataca.
- Cando estean cocidas, tirar a auga e deixar arrefriar.
- Poñer nun bol o pemento e a cebola, picados miúdos, máis as olivas e o pirixel.
- Pelar as patacas e cortalas en anacos non demasiado pequenos. Deitalas tamén no bol.
- Condimentar con aceite, vinagre e sal.
- Servir a temperatura ambiente.
Ten en conta que
Para que as patacas cozan por igual, procura que sexan máis ou menos do mesmo tamaño.Para este prato non cocemos as patacas peladas nin cortadas porque collerían máis auga e amolecerían. Interésanos que fiquen cocidas mais consistentes, que non se desfagan.
É importante que o aceite e as olivas sexan da mellor calidade posible.
Esta é unha ensalada andaluza tradicional. En moitos países son comúns as ensaladas de pataca, de diferentes tipos (con pepinillos, alcaparras, mazá, maionesa...). Curiosamente, en Galicia, país pataqueiro onde os haxa, non son nada habituais as patacas nos pratos fríos.
