Que leva? 
- 1 coliflor (só a parte branca)
- 1 cebola
- 2 patacas
- 1 vaso de leite evaporado
- aceite
- sal
- gornición ao gusto: na foto, améndoas, pan e allo
Como se fai?
- Lavar e picar a cebola e as patacas.
- Saltealas na ola de presión cun chisco de aceite, a lume baixo para que non collan cor (queremos unha crema branquísima).
- Lavar e picar a coliflor e botala tamén na ola.
- Engadir 1 L de auga, cerrar a ola e deixar cocer 5 minutos desde que colla presión.
- Abrir, acrecentar o leite evaporado e triturar ata que quede ben fino.
- Fritir anaquiños de pan, améndoas e allo ou calquera outra cousa que nos guste para botar por riba nos pratos xusto no momento de servir.
Ten en conta que
O leite evaporado non é imprescindible, pero axuda a acadar unha textura suave e cremosa. A diferenza da nata, non resulta pesado, xa que é moito menos graxo, nin o seu sabor se impón sobre o dos demais ingredientes.É interesante que a gornición enriqueza o prato tanto a nivel estético (cor e textura que contrasten cos da crema) como nutritivo, sobre todo se vai ser prato único. Na foto só leva pemento e un fío de aceite.