Que leva?
Para 3 persoas / 1 L- 500 g kéfir
- 1 remolacha cocida (serven as envasadas ao baleiro)
- 1 pepino
- 5 rabanitos
- apio, un anaquiño pequeno
- eneldo (mellor se é fresco)
- ceboliño
- pimenta negra moída
- sal
Como se fai?
- Relar a remolacha e poñela nun bol de 1 L de capacidade.
- Engadir o pepino pelado e picado moi miúdo (ou relado).
- Engadir os rabanitos pelados e picados moi miúdo (ou relados).
- Engadir o apio moi picado.
- Condimentar con sal, pimenta negra moída, eneldo e ceboliño.
- Engadir o kéfir e mesturar. Pódese aumentar un pouco de auga se se preferir máis lixeiro.
- Servir moi frío, esparexendo ceboliño e/ou eneldo picado por riba en cada prato.
Ten en conta que
O chłodnik auténtico faise a partir de remolacha fresca e utiliza incluso os talos tenros. Eu fágoo con remolacha envasada por aforrar tempo e porque non sempre é fácil atopar remolachas frescas, pequenas e de boa calidade.Pode gardarse o sobrante para o día seguinte (non máis, non se conserva ben), pero está mellor feito no momento.
As cantidades de verdura son orientativas, admite máis pepino e rábano do que indica esta receita, faino ao teu gusto.
En Polonia adoita servirse con ovo cocido, como prato principal. Suponse que o chłodnik é un prato lituano (litewski), pero non sei como se toma alá porque aínda non fun.
Os rabanitos son moi fáciles de cultivar, crecen ben e rápido incluso en maceta. Están moi ricos, por exemplo, nunha ensalada con mazá, noces e rúcola.
