Que leva?
- 200 g fabas de caldo (=alubia riñón)
- 2 o 3 patacas
- 1 monllo de grelos (aprox. 800 g)
- 2 o 3 dentes de allo negro
- unha culleriña de pemento doce afumado
- aceite
- sal
Como se fai?
- Pon as fabas a remollo un día antes de facer o caldo. Mínimo 8 h, pero se son 24 h non pasa nada.
- Pon as fabas na ola de presión cubertas con auga fría e acende o fuego. Cando comece a ferver engade máis auga fría, ata deter a cocción. Repite o proceso un par de veces máis e deixa cocer un pouco.
- Mentres, lava os grelos e córtaos en anacos máis ben pequenos.
- Pela as patatas e córtaas en trozos pequenos, cascándoas.
- Bota os grelos e patacas na ola.
- Engade o allo, pemento, un chorro de aceite e o sal.
- Acrecenta agua abonda para cubrir todo.
- Tapa a ola e ponlle a válvula.
- Debe cocer uns 40-45 minutos a presión (en ola de presión tradicional), a lume baixo. O tempo conta desde que comeza a xirar a válvula.
- Abrir, comprobar o punto de cocción das fabas e deixar cocer un pouco máis se o precisar.
Ten en conta que
Estará moito máis rico ao día seguinte, esta é unha das comidas que gañan co repouso e cando se requenta.Esta é unha versión vegana do caldo de toda a vida. É importante usar allo negro e non allo normal por mor do sabor umami, que na versión tradicional do caldo achegan o unto e a carne. Tamén é importante que o pemento sexa afumado e da mellor calidade posible. O aceite achega sabor (a graxa axuda a integrar os sabores) e textura.
Non o fagas con fabas de bote, o caldo necesita a sustancia que soltan ao coceren.
Unha vez frío, gárdao no frigorífico, porque se bota a perder con facilidade.
Pode conxelarse, a textura das patacas resentirase un pouco mais non é demasiado grave.