Que leva?
Para 3 persoas- 125 g noodles
- 250 g espinacas crúas
- 250 shiitake
- 1/2 lata de leite de coco
- 2 culleriñas de curry
- unha presadiña de cacahuetes tostados sen sal
- sésamo tostado
- aceite
- sal (opcional)
Como se fai?
- Nun wok ou tixola fonda quentar un pouco de aceite (moi pouco, apenas abondo para cubrir o fondo) e saltear os shiitake en pedaciños.
- Facelo con lume forte e remexendo constantemente.
- Engadir o curry e as espinacas e continuar salteando todo.
- Baixar o lume ao mínimo, engadir o leite de coco e o sal.
- Remexer para mesturar todo ben e deixar cocer uns minutos.
- Mentres, preparar os noodles segundo as indiciacións do paquete e descascar os cacahuetes.
- Servir os noodles en cuncas amplas ou pratos fondos, repartir a salsa e mesturar.
- Repartir por riba os cacahuetes e o sésamo.
Ten en conta que
Se o comes con pauciños é moito máis divertido!Os cacahuetes tamén poden mesturarse coa salsa, ben enteiros, esnaquizados ou esmagados, pero se se incorporan xusto no momento de servir, evítase que amolezan e a combinación de texturas do prato será máis interesante.
Se queremos un prato máis lixeiro podemos prescindir dos cacahuetes, pero cómpre ter en conta que son a principal fonte de proteínas desta receita.
Se non atopas shiitake ou non che gustan (teñen un sabor característico, forte), podes substituílos por outros cogomelos, como portobellos.
O leite de coco que che sobre podes gardalo nun tarro de cristal pechado, consérvase ben varios días no frigorífico. Se non prevés usalo nunha semana, mellor conxélao.
Onde podo comprar... ?
- Noodles en Gadis.
- Leite de coco en Gadis, Mercadona (incluso teñen marca propia) e grandes superficies.
- Shiitake nos Gadis grandes.
